Leiro inicia a reforma da praza de San Clodio

O entorno do Mosteiro de San Clodio de Leiro contará cun espazo humanizado ás súas portas. Esta praza utilizábase como espazo de estacionamento de vehículos e, dende o concello de Leiro, quixeron facer unha rehabilitación para que poida ser utilizada como espazo de ocio, con bancos e cun parque infantil.

As obras xa están iniciadas e terán varias fases de actuación. O primeiro paso foi retirar os restos do viñedo que quedaban e as acacias que ocupaban esta zona. Ademais dun espazo recreativo servirá como valor engadido para dinamizar o entorno do Mosteiro, xa de por si atractivo turística mente.

AVANTAR ACTIVIDADES