O BNG pide mellorar a seguridade dos pasos de peóns do municipio

O BNG, Bloque Nacionalista Galego, do Carballiño volve denunciar o estado de abandono dos pasos de peóns e a desidia por parte do goberno local para cumplir a lei de seguridade vial e a lei de accesibilidade. O fin da seguridade vial é conseguir unha mobilidade segura, no caso dos peóns, débenselle proporcionar espazos seguros para a súa mobilidade:
• Beirrarúas debidamente coidadas e accesibles para todos.
• Pasos de peóns debidamente coidados e señalizados.
• Reducir a situación de risco do colectivo infantil como usuarios das vías mellorando
a seguridade, sobre todo nos espazos próximos ós centros educativos ou deportivos.

A lei 10/2014 do 3 de Decembro de accesibilidade contempla no artigo 6 (Título I, Capítulo I, 1ª sección) e na segunda sección (Título I, Capítulo I) que as áreas peatonais deben deseñarse e realizarse sendo accesibles a calqueira persoa e garantindo a súa seguridade e o seu uso non discriminatorio. Así mesmo, non podemos esquecer que o seu incrumprimento está recoñecido como sanción moi grave, o que supón, multas entre 90.000 e 1.000.000€. No Concello do Carballiño o BNG demanda que se tomen medidas o antes posible, porque estas normas non se cumplen e temos un claro exemplo en:
• Pasos de peóns sen unha boa señalización.
• Beirarrúas sen una accesibilidade axeitada, sobre todo para persoas con mobilidade
reducida, carriños de nenos… ou que nin presentan unha continuidade correcta para
poder camiñar sen ningún perigo.
• A falta de iluminación dalgunhas rúas

AVANTAR ACTIVIDADES