Hoxe 5 casos activos menos por Covid no Carballiño: 15 altas e 10 novos contaxios

O Concello do Carballiño segue a tendencia á baixa en canto ao numero de persoas afectadas polo coronavirus. Hoxe o número de persoas contaxiadas, segundo informa Sanidade, é de 141, son 5 casos activos menos que onte. Neste día hai que recordar que non se pode baixar a garda, xa que hai 15 altas pero tamén 10 novos contaxios detectados por PCR.

A tendencia en canto a evolución da pandemia segue en bó camiño tras 6 días consecutivos de descenso en canto aos casos activos, debido a que se están a producir numerosas altas e diminúe tamén o contaxio diario.

AVANTAR ACTIVIDADES

Boborás tamén iniciou o descenso de casos activos dende o venres, reducindo hoxe a cifra de casos activos en 3 menos, e por tanto contabilizando nesta xornada 20 contaxiados.

Ascenden o número de casos na xornada de hoxe en Maside, que suma un caso, pasando dos 3 de onte ós 4 de hoxe. No concello de Piñor tamén suben os casos, con 2 positivos máis, pasando dos 3 ós 5 casos activos. San Cristovo de Cea tamén sube os casos positivos, pasando dos 18 de onte ós 19 de hoxe.