Un veciño do Carballiño cae a un foxo de catro metros ao ter un accidente de tráfico en Leiro

Un home resultou ferido nunha saída de vía dun vehículo na OU-504, á altura de Leiro. A vítima -veciño do Carballiño- presenta varias fracturas. Era o ocupante do vehículo, e tras o accidente caeu nunha canalización de augas de catro metros de profundidade, situada na cuneta da vía.

O suceso tivo lugar ao redor das 00,30 horas, na medianoite de martes a mércores. Foi rescatado polos bombeiros do Carballiño e O Ribeiro. Tamén asistiron o GES de Ribadavia, a Garda Civil e unha ambulancia, que trasladou ao ferido ao CHUO, en Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO