A Policía reforzará os controis de mobilidade no Día de Todos os Santos

A pesar desta celebración, as medidas restritivas seguen en funcionamento na comarca, polo que a Policía Local recorda que os desprazamentos non estarán permitidos por este motivo fóra da área perimetral que está establecida entre os tres concellos de Carballiño, O Irixo e Boborás. Deste xeito, anuncian que se reforzará a vixilancia para controlar estas actuacións.

Do mesmo xeito, tamén se pide responsabilidade nos cemiterios, recordando as medidas que se deben cumprir e asegurando que se tratará de controlar as aglomeracións.

AVANTAR ACTIVIDADES