A Xunta asina 25 convenios para a rehabilitación de vivendas, dous deles en Ribadavia

A partir deste momento, serán os concellos os encargados de realizar as convocatorias públicas para que os propietarios de vivendas emprazadas no ámbito das áreas de rehabilitación poidan presentar as súas solicitudes.

Este ano repártense preto de 2,7 millóns de euros entre 25 áreas de rehabilitación emprazadas en 17 concellos. O reparto realizouse en función das solicitudes presentadas pola administración local e tendo en conta o grado de cumprimento en cada concello dos obxectivos asignados en anteriores repartos.

AVANTAR ACTIVIDADES

O concello de Ribadavia ten dous convenios: un para o Casco Histórico de Ribadavia, por 108.550 euros, e outro para o Casco Antigo de San Cristovo, por 48.750 euros.

Os beneficiarios finais dos fondos repartidos serán os propietarios de vivendas e edificios de vivendas emprazados no ámbito das Áreas de Rehabilitación Integral, que recibirán axudas a fondo perdido para as actuacións de rehabilitación que realicen.