Manuel Baltar: “Saúde e economía deben ir á vez, e as provincias temos moito que dicir niso”

Videoconferencia Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) cos membros da FEMP quq son presidente da Deputacións e Cabidos en España.

O presidente da Deputación de Ourense, quen participou na reunión da Comisión de Deputacións da FEMP, reclama ao Goberno que os territorios provinciais “conten na repartición de axudas estatais e europeas”

“As provincias tamén son Estado e tamén son Europa”. Así valorou hoxe o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar a necesidade de que os territorios provinciais participen na repartición de axudas estatais e europeas, como reclama ao Goberno de España, defendendo que nestes tempos de máxima prioridade sanitaria polo COVID-19 “saúde e economía deber ir á vez, e niso, as provincias temos moito que dicir e moito que achegar, pero para iso debemos contar co protagonismo que nos merecemos por xestión e pola eficiencia financeira que sempre demostramos”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Baltar, quen participou na reunión da Comisión de Deputacións da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), órgano do que é membro da súa xunta de goberno, destaca que é fundamental que a comisión recupere a “unanimidade de acordos” para que provincias e municipios “non queden sós #ante a pandemia, relegados polo Executivo de Sánchez”. Neste sentido, defende o apoio a unha resolución para que os fondos incondicionados que se aproben no ámbito municipal “inclúan criterios correctores, como ruralidad ou conectividade, para que a repartición non sexa unicamente por poboación, unha circunstancia que prexudicaría gravemente aos municipios con reto demográfico”.

“Debemos manternos firmes en reclamar para os entes provinciais un fondo financeiro exclusivo, cuxo obxectivo sexa paliar as necesidades dos nosos territorios, necesitados agora máis que nunca de solidariedade financeira, planificación e xestión directa das axudas”, afirma Manuel Baltar.