O alcalde explica as novas axudas que inxectará o concello á vila

O alcalde do concello do Carballiño anuncia unha modificación de crédito que suporá unha forte inxección para os sectores económicos da vila. A cifra supera os 700.000 euros en axudas, que pretenden tocar a todos os sectores. Por un lado, destinaranse 20.000 euros para Cáritas e outros 20.000 para Cruz Vermella, asegurando que é a forma máis efectiva e rápida de axudar ós máis necesitados, que aumentaron dada a situación actual. Por outro lado, destinaranse 100.000 euros para fomentar o bono comercio, que axudará á que os veciños poidan mercar no comercio local grazas a unha tarxeta recargable. Unha partida de 300.000 euros axudará ó sector da hostalaría, para facer fronte ós gastos derivados desta situación e do peche momentáneo, así como de instalar purificadores de aire. E por último, outros 300.000 euros para a construcción, que serán destinados en potenciar as obras no municipio, tanto en zonas deportivas coma culturais.