Emprendemento nesta época de crise, o restaurante Marco da Legua en Cea

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O pasado sábado, Marco da Legua abriu as súas portas. Aínda que
non é un restaurante novo, si que muda de ubicación. A situación
que estamos a vivir non os amedrenta, e cren que nas zonas
rurais é necesario ter este tipo de servizos para dinamizalas.
Ademais, contan con menú toda a semana, nunha zona de especial
afluencia de transportistas.
Á inauguración acudiu bastante xente, non todos do propio
municipio, se non que tamén de zonas colindantes. Os que
acudiron, na súa maioría xa coñecían este restaurante e seguen
animados polo bo trato e a boa comida, con especialidade en
carnes.