Espazo Común presentará unha alegación á subida do IBI

No último pleno, o equipo de goberno presentou unha suba do IBI, prometida hai dous anos cando se fixera unha rebaixa do 20% no lugar dunha rebaixa do 10%. Esto implica que o IBI pase do 0,48% que se paga na actualidade ao 0,54% o ano que ven.

A formación considera que, no medio da crise máis brutal que se lembra, cun Carballiño agonizando, o goberno xustifica unha decisión que eles consideran inxusta, irresponsable e cruel.

AVANTAR ACTIVIDADES

Recordan que o remanente que foi liberado para o seu uso debe rondar os tres millóns de euros, polo que aumentar unha carga fiscal que xa é, por sí, moi alta non ten explicación posible. Por todo iso, o Grupo Municipal de Espazo Común no Concello do Carballiño vai rexistrar unha alegación contra esta decisión, nunha derradeira tentativa de que o goberno municipal retire a proposta.