Alegacións de Podemos ás ordenanzas fiscais para o ano 2021

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Dada a situación económica que estamos a vivir debido á COVID-19 e as medidas restritivas que se veñen tomando para loitar contra a propagación da pandemia, dende o Círculo de Podemos no Carballiño entendemos que unha subida do IBI non é a mellor forma de que o Concello axude á veciñanza e as familias do Carballiño.

Por iso, e de acordo á lexislación vixente presentamos as seguintes sete alegacións ás ordenanzas fiscais para tentar que o Grupo de Goberno recapacite e sexa quen de ver que as medidas económicas que ten que tomar o noso Concello deben ir na liña  de  axudar  á  xente,  e  non  todo  o  contrario, que  é  o  efecto  que  vai  ter  o incremento do 10% no imposto do IBI: afogar máis as economías dos fogares da xente da nosa vila.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Dende o Círculo de Podemos no Carballiño presentamos as seguintes

ALEGACIÓNS

PRIMEIRA.– ordenanza fiscal nº 21 reguladora do imposto sobre bens inmobles. Para este vindeiro   ano 2021 o pleno da Corporación Municipal do Carballiño ten

prevista un incremento do imposto sobre ben inmobles (IBI) dun 10% sobre a base actual, a cal está nun 0,48% en tributacións urbanas, deixando así o tipo de gravame do imposto sobre bens de natureza urbana fixado no 0,54%.

Á modificación proposta se plantexa:

Manter o tipo de gravame do IBI no 0,48% e desestimar a suba do 10%.

Argumento:

Considérase positivo manter o Tipo de Gravame no imposto de bens inmobles (IBI)

de forma que os inmobles residenciais non experimentan un incremento do imposto

máis aló da compensación do incremento pola subida correspondente da base do inmoble.

Esta proposta, permite paliar e compensar  parcialmente  o  incremento do 2008 e as subidas acumuladas do 88% ata 2015, aínda que nun valor do 2,33%, do recibo do IBI o que significa un pequeno respiro dada a situación crítica que estamos a vivir tanto sanitaria como económicamente, que ademais individualmente variará duns inmobles a outros, e dándose o caso tamén do seu posible incremento nalgúns casos.

Na situación actual faise máis necesario revisar os Valores Catastrais, tal como, considerou a Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o 2014.

Hai que considerar que o cálculo do recibo do IBI, baseouse nuns Valores Catastrais desorbitados que se ven incrementados ano tras ano, sin que se actualicen as ponencias de valores, que no caso do Concello de O Carballiño permanecen sin actualizar con data de publicación do 03/10/1989 e con ano de efecto 1990.

Plantéxase pois requerir á Xerencia Provincial de Catastro,a   realización de unha nova Ponencia de Valores,   e por tanto, a correspondente Revisión Catastral aplicando aos bens inmobles de O Carballiño os valores reais e acordes a ditas Ponencias.

SEGUNDA.-Bonificacións na ordenanza fiscal nº 21 reguladora do imposto sobre bens inmobles artigo 4 da ordenanza fiscal Nº 21.

Inclusión no punto II) do artigo 4 a seguinte bonificación:

BONIFICACIÓNS PARA EMPRESAS QUE DESENVOLVAN  ACTIVIDADES DE INTERESE MUNICIPAL

Gozarán dunha bonificación da cota do IBI os inmobles nos que se desenvolvan actividades económicas de nova creación ou que xa viñesen desenvolvendo dita actividade declaradas de interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou de fomento do emprego. Enténdense como tal as seguintes:

• Actividades para a recuperación da industria agroalimentaria local.

• Actividades que promovan a instalación e implantación de enerxías renovables.

• Actividades para o fomento das industrias creativas e culturais.

• Actividades para o desenvolvemento do Termalismo.

• Actividades en favor da saúde pública.

• Actividades para a conservación e recuperación do patrimonio natural e cultural .

• Actividades para o desenvolvemento do Turismo Sostible.

• Actividades para a recuperación da industria téxtil local.

• Desenvolvemento da actividade forestal .

• Actividades para o desenvolvemento do sector Loxístico e do Transporte.

• Actividades de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

• Outras actividades, debidamente xustificado o seu valor social, cultural, histórico artístico ou de fomento do emprego.

A bonificación terá unha duración máxima de cinco anos, aplicándose a partir do devengo seguinte a aquel no que se solicite en base ás seguintes porcentaxes:

• Primeiro ano: 80%

• Segundo ano: 50%

• Terceiro ano: 30%

• Cuarto e quinto ano: 20%

Argumento: con esta bonificación se busca a implantación no noso concello de empresas de nova creación (ou bonificar ás que xa viñesen desenvolvendo dita actividade)  declaradas  de  interese  ou  utilidade  municipal  por  concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou de fomento do emprego.

TERCEIRA.-Bonificacións na ordenanza fiscal nº 21 reguladora do imposto sobre bens inmobles artigo 4 da ordenanza fiscal Nº 21.

Creación do punto III) Bis do artigo 4 para a adaptación das seguintes bonificacións:

BONIFICACIÓNS PARA INMOBLES CON SISTEMAS DE APROVEITAMENTO TÉRMICO OU ELÉCTRICO

Terán dereito a gozar dunha bonificación do 60 por cento na cota íntegra do  imposto  os  bens  inmobles  nos  que  se  instalaron  sistemas  para  o

aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía proveniente do sol durante os tres períodos impositivos seguintes ao da finalización da súa instalación.

Esta bonificación ten carácter rogado e fornecerá efectos, no seu caso, desde o período impositivo seguinte a aquel en que se solicite, sempre que previamente reúna as condicións e se acredite ante o Concello do Carballiño o cumprimento dos requisitos esixidos para o seu outorgamento.

A bonificación poderá solicitarse en calquera momento anterior á terminación do período de duración da mesma que se refire o parágrafo primeiro deste apartado.

Argumento: se trata de aplicar bonificacións máximas aplicadas a edificacións que teñen en conta as enerxías renovables e sustentables nas súas instalacións.

CUARTA.-Bonificacións na ordenanza fiscal nº 21 reguladora do imposto sobre bens inmobles artigo 4 da ordenanza fiscal Nº 21.

Modificación do punto VI) do artigo 4 do seguinte xeito:

BONIFICACIÓNS SOBRE VIVENDAS DE PROTECCIÓN OFICIAL (VPO) Terán dereito a unha bonificación do 70 por 100 na cota íntegra do

imposto, durante os cinco períodos impositivos seguintes ao do outorgamento da cualificación definitiva, as vivendas de protección oficial e as que resulten equiparables a estas conforme coa normativa da Comunidade Autónoma de Galicia.

Argumento:  melloras  a  aplicar  nas  bonificacións  nas  Vivendas  de  Proteccións Oficial. Preténdese paliar o incremento da cota íntegra para vivendas con protección pública, introducindo factores socialmente máis xustos a esta bonificación ao combinar: Renda  bruta  por membro da  unidade  familiar e  ingresos  da  unidade familiar co Valor Catastral da Vivenda e a súa condición de vivenda de protección pública ou social .

QUINTA-Bonificacións na ordenanza fiscal nº 21 reguladora do imposto sobre bens inmobles artigo 4 da ordenanza fiscal Nº 21.

Modificación do punto V) do artigo 4 do seguinte xeito:

BONIFICACIÓNS    PARA    VALORAR    POR    NIVEL    DE    RENDA    POR CONDICIÓN DE FAMILIA NUMEROSA

Os suxeitos pasivos do imposto, que no momento do seu devengo, ostenten a condición de titulares de familia numerosa, conforme ao establecido na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas, e demais normativa vixente, terán dereito, na contía e condicións que se regulan, a unha bonificación  sobre  a  cota  íntegra  do  imposto  correspondente  á  vivenda habitual da familia.

Entenderase por vivenda habitual aquela en que @s titulares da familia numerosa figuren empadroados.

No suposto de que o suxeito pasivo beneficiario sexa titular de máis dun inmoble sito en O Carballiño, a bonificación quedará referida a unha única unidade urbana, sempre que, ademais, constitúa a vivenda habitual da unidade familiar ou da maior parte da mesma, sen que poida gozarse de máis dunha bonificación aínda que fosen varias as vivendas de que dispuxera o suxeito pasivo ou a súa familia.

No caso de  que os ingresos familiares fosen iguais ou superiores a 1,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples, a bonificación para aplicar será, con independencia da categoría de familia numerosa, do 90%.

Argumento: Introducir factores socialmente máis xustos a esta bonificación ao combinar:  Renda  bruta  por  membroda  unidade  familiar  co  Valor  Catastral  da Vivenda.

SEXTA.- Exencións na na ordenanza fiscal nº 21 reguladora do imposto sobre bens inmobles.

Proponse a creación do apartado seguinte:

Exencións:

Estarán  exentos  os  bens  de  que  sexan  titulares  as  entidades  sen  fins lucrativos e aqueloutras entidades recollidas na Lei 49/2002, do 23 de decembro, de Réxime Fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, nos supostos e cos requisitos que a citada Lei e o Regulamento para a aplicación do réxime fiscal das mencionadas entidades, aprobado por Real Decreto 1270/2003, do 10 de outubro polo que se aproba o

Regulamento para a aplicación do precitado réxime fiscal; excepto os afectos a explotacións económicas non exentas do Imposto sobre Sociedades.

Argumento: Eximir do imposto aos bens catastrais das entidades sen fins lucrativos, dotando á súa vez, de incentivos fiscais ao mecenado.

SÉTIMA.- Bonificacións na ordenanza fiscal nº 21 reguladora do imposto sobre bens inmobles.

Proponse a creación do seguinte apartado: Bonificación Social Potestativa.

Ao amparo do previsto no artigo 74.1 do  R.D. 2/2004, do 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais,, aplicarase unha bonificación do 50 por 100 da cota íntegra do imposto a favor dos bens inmobles urbanos situados en áreas ou zonas do núcleo urbano do municipio que conforme ao plan urbanístico teñan a consideración de Zonas de Depreciación Funcional de acordo  cos  informe  dos  Servizos  Técnicos  Municipais  que  se  realicen  a  ese respecto.

Esta bonificación, que se aplicará de oficio con efectos do 1 de xaneiro de 2021, será compatible con calquera outra que beneficie ao mesmo inmoble, sempre que da aplicación conxunta de todas as bonificacións que lle puidesen corresponder, non resulte unha cota líquida para o exercicio en curso inferior ao 90% da cota.

Argumento: O chamado “IBI social”, que se aplica en  algúns Concellos, ao obxecto de  que  se  contemplen  bonificacións  para  determinados  sectores  da  poboación, tendo en cuenta a súa capacidade de renda.

O Carballiño 02 de novembro de 2020