Feijóo copia as medidas do Carballiño a 60 concellos máis

O comité clínico de expertos galegos reuniuse onte durante máis de catro horas para acordar as medidas que se aplicarán en Galicia durante as próximas semanas. A Xunta anunciaba que se mantía o peche perimetral das sete grandes cidades galegas e algúns dos seus concellos limítrofes.

Esta mañá, Alberto Núñez Feijóo comparecía para anunciar as novas medidas, que afectan a toda a comunidade e que entrarán en vigor dende as 15:00 horas deste próximo venres. As medidas máis restrictivas poranse en marcha nas cidades e nas súas zonas de influencia, así como nos concellos con incidencia significativa a alza.

AVANTAR ACTIVIDADES

O comité entende que o avance da pandemia fai necesario manter e ampliar limitacións. As medida estarán en vigor un mes e se someterán a avaliación constante.

“O modelo a seguir nos 60 concellos é semellante a O Carballiño”.

O presidente da Xunta detallou as medidas que se tomarán en 60 concellos galegos:

  • Restrinxense todas as actividades non esenciais. Pódese ir a traballar, a escola, o coidado de maiores e todos os servicios de saúde.
  • O comercio seguirá igual. Pechará a hostelería agás o servicio a domicilio.
  • A práctica deportivo queda limitada a unha persoa. Eventos culturais limitados a 30 persoas en interior e 75 e exterior.
  • Non se poderá entrar e saír destas zonas agás medidas xustificadas.
  • Os concellos de fora de estás zonas terán menos limitacións. Igualmente non poderán saír das residencias. Os centros comerciais soamente aceptarán un 30% de aforo nas zonas comúns. Redúcese o aforo no transporte público non escolar, 50% de aforo.