O Carballiño segue no descenso de casos, cun total hoxe de 84 casos positivos

O Concello do Carballiño segue a tendencia á baixa en canto ao numero de persoas afectadas polo coronavirus. Hoxe o número de persoas contaxiadas, segundo informa Sanidade, é de 84, son 12 casos activos menos que onte.

A tendencia en canto a evolución da pandemia segue en bó camiño tras 11 días consecutivos de descenso en canto aos casos activos, debido a que se están a producir numerosas altas e diminúe tamén o contaxio diario.

AVANTAR ACTIVIDADES

No Asilo do Carballiño rexistrase un brote que afecta a 9 persoas, 6 usuarios e 3 traballadoras, todos eles asintomáticos  a espera dun novo cribado.

Boborás tamén descende nesta xornada, pasando dos 18 de onte ós 15 de hoxe. San Cristovo de Cea tamén presenta un descenso de casos, pasando dos 15 ós 13. O resto de concellos mantéñense nos mesmos datos: Beariz conta con tres casos; Irixo conta con dous casos; Maside conta con tres casos; Piñor conta con sete casos e San Amaro conta con dous casos.

No caso de Cea temos que falar tamén da Residencia Nosa Señora da Saleta, que manten 9 casos activos, 7 usuarios e 2 traballadores.