O paro sobe en outubro na provincia, sobre todo en comercio e hostalaría

As novas restricións entrarán en vigor dende a media noite de hoxe.

O mes de outubro é un mes difícil para emprego segundo mostran as cifras. Os datos oficiais amosan un incremento do desemprego de 759 persoas e unha perda de 447 afiliados na Seguridade Social. Os sectores máis afectados son os relacionados co consumo, como son o comercio e a hostalaría, tamén os máis afectados polas restricións derivadas da pandemia sanitaria. A agricultura e outro sector que se ve afectado a causa da finalización de traballos coma a vendima, que suma 121 parados, mentres que os sectores da industria e da construción resisten.  O Ministerio de Traballo contabiliza 20.468 ourensáns demandantes de emprego.

A comarca do Carballiño subiu 82 parados de setembro a outubro, pasando dos 1.660 ata os 1.742, con especial subida no concello do Carballiño, con 58 parados dese total novos. No Ribeiro, o paro sobe en 60 persoas, pasando dos 892 parados do mes pasado ós 952 deste mes, cun reparto por concellos bastante igualado.

AVANTAR ACTIVIDADES