O Ribeiro mantén estables os casos de coronavirus

O Concello de Ribadavia é o que mais preocupa en canto a evolución do coronavirus na comarca do Ribeiro, que onte se establecía nos 65 e pasa hoxe ós 64. Avión baixa un caso, dos 4 ós 3. Os concellos que presentan un ascenso son Carballeda de Avia, que pasa de non ter casos a un positivo e Leiro que pasa de un caso a dous. Mantéñense nos mesmos casos Arnoia, con un caso positivo; Beade, con ningún caso; Castrelo de Miño, con 10 casos; Cenlle, con 3 casos positivos e Melón e Cortegada, que non teñen ningún caso positivo.