O PP pide regular o imposto de terrazas e lixo da hostalaría

Algúns membros do Partido Pular durante a celebración dun pleno, con separacións.

O Partido Popular presentou unha moción de urxencia para o seu debate no Pleno do próximo venres, na que pide que o Concello do Carballiño teña en conta a situación na que se encontran os sectores da hostalería e os feirantes, tras os peches, primeiro do ocio nocturno, e logo de todas as actividades consideradas non esenciais.

Concretamente solicita que, en canto as terrazas, non se pase o cobro ata o momento no que se poida determinar con certeza canto tempo tiveron que permanecer pechadas, ou co número de mesas limitado, porque esta e a única maneira de saber canto tería que aboar cada un de eles. Tamén solicitan que o prazo para solicitar as terrazas para o próximo ano (que vai do 1 o 20 de decembro) se prolongue ata que termine o estado de alarma, para que os locais poidan decidir se as piden ou non. Por último, piden ó Concello que se regularice a tasa do lixo que deben aboar, descontando os periodos que deberon permanecer pechados.

AVANTAR ACTIVIDADES

En canto os postos da feira, vai comezar o período de cobro dos recibos, sen que se sepa cando se van poder recuperar as feiras. Por eso cree necesario que se espere a recuperación das feiras para poñer o cobro eses recibos, xa modificados para descontar as cantidades correspopdentes polas feiras non celebradas. Tamén se pide que se prorrogue o prazo para pedir licencias de estes postos para o ano 2021.

Trátase non só de facer un pouco de xustiza con estes sectores, quizáis os máis castigados pola pandemia desde o punto de vista ecónomico, senon de facerlles ver que desde o Concello se está con eles e pendentes de todo o que se refiere a estes sectores, nos momentos en que máis o necesitan. Compre demostrarlles o apoio da vila e que estará pendente das suas necesidades para que a súa recuperación sexa a mellor e o máis rápida posible.