O PSOE ve reparto desigual da Deputación con Ribadavia

O PSdeG-PSOE de Ribadavia trasladoulle ao alcalde do Partido Popular na vila, que os cartos que o Concello percibirá do plan provincial de obras e do plan de mocidade se ingresen nas arcas do concello co obxectivo de destinalos a criterios que consideren oportunos. Os socialistas consideran que nestes momentos, coa pandemia azoutando novamente e cunha grave crise económica orixinada pola mesma, as prioridades “seguramente sexan outras”. Dende o seno socialista consideran que con esta medida poderían destinarse os cartos a accións sociais, obras ou outras accións prioritarias nestes momentos.

PUBLICIDADE

No día de hoxe, con motivo da xunta de voceiros do Concello de Ribadavia, o Grupo Municipal socialista deu traslado desta petición que consideran “prioritaria nos tempos que corren”. Tal e como apuntan esta é unha das posibilidades aprobadas na propia Deputación de Ourense “despois dunha longa batalla por parte do PSOE” e coa que se conseguiu que os concellos poidan dispoñer de fondos propios e deste xeito distribuílos segundo as necesidades individuais de cada consistorio e como consideren oportuno.

PUBLICIDADE ELECTORAL

“As cantidades son as mesmas co ano pasado, unhas cantidades ínfimas comparadas co que se destina nos concellos das outras provincias”, sinalou o voceiro socialista Ignacio Gómez, que tamén apuntou que “se a Deputación de Ourense contase cun plan único na liña das outras tres deputacións galegas, os criterios serían equitativos, xustos e obxectivos, algo que con Baltar parece que é imposible”. Queixanse que dende o Grupo Municipal Socialista que o reparto feito polo ente provincial “non segue un criterio xusto e todo depende do dedo de Manuel Baltar”.

Os socialistas fan fincapé en que como primeiro avance o Concello de Ribadavia “ten que solicitar que os cartos repercutan no propio concello para incorporalos ao orzamento”. Un orzamento que segundo sinala Gómez “debería estar xa presentado o borrador ou incluso preparándose, xa que a estas alturas e coa situación dramática que se vive no tema sanitario, hai que actuar con dilixencia”.

O Grupo Municipal Socialista avoga tamén porque que as obras, accións sociais e investimentos que se leven a cabo os xestione directamente o concello cun único fin segundo resalta Ignacio Gómez “que os investimentos e contratos repercutan directamente en empresas, negocios ou persoas físicas no propio concello”. Os socialistas denuncian que “non pode ser que sexa Baltar o que decida e reparta a dedo que empresas levan os contratos, deixando fora aos negocios do propio concello de Ribadavia“.