Ribadavia xa ten os pasaportes de Pobos Máxicos de España

Dende hoxe pódese recoller o Pasaporte de Pobos Máxicos de España, ao cal pertence Ribadavia. Os Pasaportes Máxicos están numerados e son persoais e intransferibles.

PUBLICIDADE

AVANTAR ACTIVIDADES

Para poder participar nos concursos e optar a premios de pobos Máxicos de España fai falla rexistrarse enchendo o formulario da web de pobos máxicos: www. pueblosmágicos/pasaporte

Os Pasaportes Máxicos que NON SE REXISTREN, tamén poden optar a premios, aínda que estes serán inferiores. Trimestralmente comunicaranse por redes sociais os Pasaportes Máxicos Premiados.

O Pasaporte permite planificar escapadas para coñecer pobos con maxia especial, singulares e únicos, para desfrutar da natureza, o patrimonio, as tradicións e festas locais e gastronomía.