A Confederación retira unha pranta invasora de Castrelo de Miño e Cenlle

A Confederación continúa cos traballos de limpeza nos ríos da provincia de Ourense. Durante os últimos tres meses, cinco operarios especializados traballaron nos concellos de Castrelo de Miño e de Cenlle.

Estas actuacións foron motivadas pola importante presenza coñecida como duraznillo de auga, no embalse de Castrelo de Miño. A facilidade de propagación desta especie fixo que a súa actuación tivese que ser urxente para erradicar o seu enraizamento na terra da pranta.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os traballos consistiron na súa retirada, o depósito en contedores e o transporte e entrega ó xestor autorizado, cunha inversión que supera os 75.000 euros.