Emilio González destaca o incremento do 72,8% no investimento real nas estradas da provincia de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, destacou hoxe que a provincia de Ourense conta no proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2021 cun investimento real de 106,41 millóns de euros por parte do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana destinados a avanzar nas infraestruturas viarias e ferroviarias. Así, Ourense ocupa a posición número 8 no ranking por provincia en canto a investimento real por PIB, cunha cantidade de 16,52 euros por cada 1.000 euros de PIB da provincia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No citado proxecto de Orzamentos sobresae o incremento do 72,8% que experimenta o investimento real nas estradas da provincia respecto aos orzamentos aprobados no ano 2018, o que supón pasar dos 18,98 millóns de euros aos 32,81 millóns de euros previstos para 2021.

O subdelegado do Goberno salientou que o 2021 será un ano marcado polo investimento social que fará o Goberno, o maior da historia. “Este proxecto de Orzamentos pretende que ninguén se quede atrás e afianzar o estado de benestar, atendendo aos máis vulnerables, reactivando a economía e abordando un cambio do modelo produtivo”.

Emilio González sinalou que se trata duns “orzamentos realistas e executables, nos que destaca o compromiso do Goberno cos proxectos en marcha na provincia como a variante exterior do AVE, a circunvalación de O Barco ou o Museo Arqueolóxico”.

Así, referiuse á partida de 4,7 millóns de euros contemplada no proxecto dos Orzamentos Xerais do Estado para continuar as obras do Museo Arqueolóxico de Ourense, obra iniciada en setembro de 2019 tras máis de doce anos dende o seu peche ao público.

32,8 MILLÓNS PARA ESTRADAS

O investimento nas estradas do Estado na provincia será de 32,8 millóns de euros. O subdelegado do Goberno sinalou que para a creación de infraestruturas viarias destinaranse 23,5 millóns e outros 9 millóns consígnanse para conservación e explotación das xa existentes. O mecanismo de recuperación e resiliencia destinará 0,3 millóns de euros para investimentos en estradas da provincia.

No capítulo de obras destaca a consignación de 22,9 millóns de euros para continuar as obras de conexión da N-120 coa N-536 na localidade de O Barco de Valdeorras, iniciadas en 2019 e que, unha vez rematadas, permitirán evitar o tráfico pesado a través do núcleo urbano e mellorar as comunicacións.

Para o mantemento e mellora da seguridade vial da Rede de Estradas do Estado en Ourense contémplase unha partida no presuposto por importe de 9 millóns de euros, na que se engloban actuacións de mellora de firmes, interseccións, sinalización, balizamento, drenaxe e estruturas, así como os servizos de conservación e explotación ordinaria de estradas.

Emilio González destacou que con esta última partida conseguirase mitigar o déficit de conservación que arrastra unha parte da rede viaria, “o que reflicte o compromiso do Goberno coa seguridade e a fiabilidade da rede, así como co patrimonio público común de todas as ourensás e os ourensáns”.

Tamén se prevé unha partida para a licitación e adxudicación das obras da autovía A-56 no tramo da Variante Norte (Eirasvedras-Quintela) por importe de 250.000 euros.

Igualmente se prevén partidas para a redacción de estudos e proxectos de futuras actuacións na Rede de Estradas do Estado en Ourense. Así, no proxecto de Orzamentos figuran partidas por importe de 400.000 euros para avanzar na redacción dos proxectos dos tramos pendentes da autovía A-56 Lugo-Ourense na provincia e outros 200.000 euros para a autovía A-76 Ponferrada-Ourense nos tramos Requejo-A Veiga de Cascallá e A Veiga de Cascallá-O Barco de Valdeorras.

73,6 MILLÓNS PARA O TREN

Emilio González sinalou que no tocante ao investimento real no sector ferroviario a provincia ten asignada no proxecto de Orzamentos para 2021 unha cantidade de 73,60 millóns de euros. Así, Ourense ocupa a posición número 7 no ránking por provincia en canto ao investimento real no sector ferroviario por PIB, cunha cantidade de 11,43 euros por cada 1.000 euros de PIB da provincia.

Entre as principais actuacións destaca a dotación de 26 millóns de euros para a variante exterior de Ourense, así como a asignación de 3 millóns de euros para a estación de Ourense, o que salienta o compromiso do Goberno coa chegada da alta velocidade a Ourense. O executivo potenciará as actuacións entre Zamora e Ourense destinando á liña de Alta Velocidade a Galicia no tramo Zamora-Lubián-Ourense unha partida total de 85,2 millóns de euros.

Na liña Ourense-Monforte-Lugo Adif consigna na provincia 12,7 millóns de euros para actuacións de renovación e outros 3,3 millóns para a electrificación da liña.

Así mesmo, investiranse 3,1 millóns de euros na provincia para a renovación da liña de conexión con León e o Adif consigna 3 millóns de euros adicionais con cargo a plans trasversais de modernización da rede provincial.

Pola súa banda, o orzamento de RENFE contempla un investimento total de 2,3 millóns de euros na provincia para a realización de actuacións de mellora da seguridade na circulación, actuacións sobre material existente, grandes reparacións, compra de material, accesibilidade en trens, talleres, estacións e sistemas de información e venta.

INVESTIMENTO SOCIAL

O subdelegado do Goberno salientou o “investimento social” do Proxecto de Orzamentos do Estado para 2021, que é “o maior da historia” e que “permitirá xerar máis e mellor emprego, así como reforzar a cohesión e a xustiza social”.

  • Permitirá consolidar o Ingreso Mínimo Vital, que xa perciben 1.026 fogares ourensáns, cifra que continuará incrementándose ata cubrir todas as necesidades.
  • Permitirá blindar o sistema de pensións cunha revalorización do 0,9% das pensións contributivas e do 1,8% das non contributivas, beneficiando a 108.000 ourensáns e ourensás.
  • O incremento do permiso de paternidade de 12 a 16 semanas, que se equipara así co de maternidade, beneficiará a 11.300 galegos.
  • O mantemento da cotización á  Seguridade Social dos coidadores, recuperado con este Goberno, beneficia en Galicia a 9.000 persoas.
  • O incremento das becas en canto a número e contía supón chegar a 52.000 estudantes galegos cun investimento de 119 millóns.
  • O plan de choque de emprego xuvenil chegará a 20.500 mozos e mozas galegos cun investimento de 22 millóns.
  • O plan de choque para mellorar a Formación Profesional e favorecer a inserción laboral cun investimento de 22 millóns.
  • Loita contra a violencia machista, que no caso de Galicia supón un investimento de 7 millóns de euros para axudar a 6.400 vítimas da violencia de xénero.