Dende o BNG queren denunciar o estado de sucidade e abandono no que afirman que se encontra o regato do Faxón ao seu paso polo núcleo urbano de Leiro. Entenden que a administración local debe coidar o mantemento das beiras do regato e limpar todos os restos de maleza acumulados na cunca do mesmo, para evitar desbordamentos nesta época de choiva.
PUBLICIDADE

Aseguran que a imaxe de abandono do Faxón é unha mostra máis do “desleixo imperante no municipio” e a falta de interese que o actual alcalde ten polo mantemento do patrimonio cultural e natural.
Por todo isto, dende o BNG van solicitar no próximo pleno que se explique a causa da situación actual do regato e solicitar que se efectúen as accións precisas para o seu mantemento.