Podemos fai a proposta para que se deroguen e/ou modifiquen certas ordenanzas fiscais coa finalidade de aliviar a carga económica do sector da hostelería local.

O Círculo de Podemos no Carballiño ao Alcalde de esta corporación local do Concello de O Carballiño, D. Francisco Fumega ao amparo do disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presentamos  a seguinte PROPOSTA

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

AVANTAR ACTIVIDADES

A situación actual do comercio local e, sobre todo, da hostelería sobrevida pola COVID-19, é crítica na nosa comunidade autónoma. O Carballiño non escapa a esta situación, e o peche decretado  pola Xunta de Galicia prorroga a situación de peche da hostelería que no Carballiño  levaba cumprindo fai dúas semanas e deixa desamparadas a moitas familias que traballan en este sector e viven do mesmo.

Un sector que é parte esencial no tecido productivo e económico de O Carballiño. As restricións de aforo e horarios ós que se ve sometida esta colectividade laboral, a pesar de  ser necesarias para frear a ola de contaxios, dificultan seriamente o desenrolo da sua actividade.

E dado que depende dos concellos a xestión, elaboración e cobro de certos tributos propios  e taxas recollidas nas distintas ordenanzas fiscais como así recolle o Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, ditos entes locais deben ser conscientes de que se deben axustar e acondicionar estes tributos á situación económica que está a vivir a cidadanía.

Por ende, O Concello de  O Carballiño debe adaptar as súas ordenanzas fiscais a esta realidade que se está a vivir no noso concello tanto no sector do comercio local como no sector da hostelería, este último o máis prexudicado dada a situación actual.

Por estes motivos e coa intención de que o Concello de O Carballiño actúe velando pola defensa dos dereitos e do benestar da súa veciñanza, e entendendo que non é asumible que este Concello, dirixido pola seu Alcalde D. Francisco Fumega, non revise as distintas ordenanzas fiscais e non se propoña un debate serio onde se planifique que tipos de tributos queremos en O Carballiño no contexto actual, dende o Círculo de Podemos no Carballiño  solicitamos ao señor Alcalde de esta corporación municipal que leve a pleno a proposta dos seguintes

ACORDOS

  1. Exención do pago da Taxa de Ocupación de Terreos de uso Público con Mesas, Cadeiras, Tarimas e Outros Elementos Análogos con Finalidade Lucrativa, regulada na Ordenanza Fiscal Nº 2, para todos os establecementos dedicados á hostelería durante todo o ano 2021 mediante a derogación de dita Ordenanza Fiscal, e se estude a posibilidade de ampliar dita exención ao ano 2022.
  • Exoneración da taxa pola prestación do Servizo de Recollida do Lixo, regulada na Ordenanza Fiscal Nº 14, para os establecementos dedicados á hostelería durante todo o ano 2021 e aplicación de bonificacións en dita taxa par aqueles establecementos do comercio local que se visen afectados polo peche ou mingua da súa produtividade durante o espazo temporal marcado polo decreto do estado de alarma do pasado 14 de marzo.

Os acordos aquí expostos buscan que as ordenanzas fiscais teñan en conta a situación do comercio local, da hostelería e das familias que viven e comen de estes sectores, e en ningún momento supoñen para o Concello o non cumprimento da estabilidade orzamentaria  para pechar en equilibrio os seus orzamentos sin que se teña que incorrer en déficit posto que dende o 1 de outubro o Goberno Central suprimiu as normas fiscais para todas as administracións para o 2020 e 2021 polo que os entes locais deixan de estar sometidos aos obxectivos de déficit, débeda e gasto público, e que permite que os concellos poidan facer uso dos seus remanentes de tesourería.