A Xunta intensifica a limpeza das estradas na provincia de Ourense

En concreto, iniciaranse os traballos en estradas autonómicas da área de Ourense, Allariz, Celanova, O Carballiño e O Ribeiro, entre outras zonas.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, vén realizando nos últimos meses estas tarefas de acondicionamento nas franxas de dominio público de vías autonómicas das catro provincias para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

AVANTAR ACTIVIDADES

As tarefas que se veñen realizando céntranse na retirada de especies pirófilas, aquelas que son máis propensas á propagación do lume, coa fin de previr incendios forestais.

Tamén se acometen rozas para completar o traballo ordinario de conservación das estradas e reducir progresivamente o uso de herbicidas, dando cumprimento a un acordo parlamentario.