Badal Novas TV emitirá as obras da Mostra de Teatro Amador

O Grupo de Teatro Tiruleque cedeu os dereitos de emisión dunha serie de obras teatrais que formarían parte da 13ª edición da Mostra de Teatro Amador este ano e que non se puido realizar por causa das restricións da pandemia.

As obras serán emitidas unha soa vez, ás 20:00 horas, os seguintes días:

AVANTAR ACTIVIDADES

“A última cea”, do grupo Fauna 113, será emitida o día 11 de novembro;

“Un hotel de primeira sobre o río”, da compañía Teatro Escoitade, será o día 12 de novembro;

“Un bombón inesperado”, da compañía Martabelas, será o día 13 de novembro;

“O enredo”, da compañía A tequerreté, será o 14 de novembro,

e a obra “Fatum”, da compañía O Catre Teatro, será o día 15 de novembro.