Espazo Común pide unha auditoría das últimas obras do concello

A formación asegura que dende que chegou á alcaldía no ano 2015, Fumega reservouse para si mesmo o control absoluto das áreas de Urbanismo e Obras. A inversión feita por estes departamentos é substanciosa. Consideran imprescindible facer unha auditoría externa e independente para detectar os erros e corrixilos de inmediato.

Puxeron algúns exemplos como a rúa Aquilino Sánchez, “arranxada” hai apenas dous anos cun investimento de 120.000 € e que a día de hoxe supón un perigo por afundimentos. O parque infantil da Alameda recibiu unha reforma valorada en 170.000 € repartidos en dúas fases e afirman que a inversión non corresponde co que se prometera. As rúas que conectan a Avenida Julio Rodríguez Soto coa Avenida do Balneario, foron “melloradas” cunha inversión de 270.000 €, e tamén presentan problemas evidentes, ou o da rúa Saleta e adxacentes, nas que se executaron outro proxecto diferente ó licitado.

AVANTAR ACTIVIDADES