In Memoriam: José Antonio García Caridad, presidente da Real Academia Galega de Xurisprudencia

Este domingo día 8 faleceu José Antonio García Caridad, presidente da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación desde facía 20 anos e á que pertencía desde facía 43 anos.

García Caridade, que tiña 94 anos, foi o primeiro presidente do Consello Consultivo de Galicia (1996–2008) e vogal do terceiro Consello Xeral do Poder Xudicial (1990-1995), que presidiu Pascual Sala. Nese ano 1995 xubilouse dando fin a unha brillante traxectoria profesional

AVANTAR ACTIVIDADES

José Antonio García Caridad estuvo vinculado a Carballiño xa que según recolle o BOE con data 29 de setembro de 1962 foi promovido a Xuiz de Primeira Instancia no Xuzgado do Carballiño . Foi con Vicente Torres, Blanco Quintela, Sieiro, Pedrouzo… fundadores do Casino. A súa esposa Dona Luz Vila foi profesora no Carballiño

Enlace o BOE que recolle o nomeamento de García Caridad como Xuiz de Primeira Instancia en Carballiño

Posteriormente foi trasladado para o xulgado nº 6 de Malaga e según publica o BOE do 25 de abril do ano 1968 pasou a desempeñar o cargo de Xuiz de Primeira Instancia e Instrucción no xuzgado nº 2 de Ferrol de nova creeación

Enlace o BOE que recolle o nomeamento de García Caridad como Xuiz de Primeira Instancia no Xuzgado nº 2 do Ferrol

O 10 de febreiro de 1970 a Voz de Galicia publicaba o nomeamento de García Caridad como Xuiz de Primeira Instancia e Instrucción no Xuzgado número 1 da Coruña

A partir de ahi brillante carreira ata a súa xubilación sendo Magistrado na Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia

Enlace o BOE que recolle a xubilación de José Antonio García Caridad

José Antonio García Caridad foi académico de Honor da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación de España, da de Valencia, de Granada, de Argentina, Colombia, México, Chile, Nicaragua, Bolivia e Perú. Asimismo foi vicepresidente honorario da Conferencia das Academias Jurídicas Iberoamericanas.

Estaba en posesión da Cruz distinguida de San Raimundo de Peñafort (1964) concedida precisamente cando estaba como xuiz no Carballiño. Así o acredita a Voz de Galicia na edición do 25 de decembro de 1964

Entre outras distincións tiña a do Comendador de la Orden del Mérito Agrícola (1968); a medalla Castelao da Xunta de Galicia (1992); a encomienda con placa da Orden de Alfonso X El Sabio e a Gran Cruz da Orden Civil; por Real Decreto 180/1996, de 2 de febreiro, a Gran Cruz da Orden Civil de San Raimundo de Peñafort; taméoa Medalla de Oro del Consello Consultivo de Galicia, esta o 7 de xuño de 2011.

A súa entrada na Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación ten lugar no ano 1977, cando foi elixido polo Pleno de Numerarios como Académico de Número Electo, lendo o seu discurso de ingreso o día 17 de outubro de 1980.

Desde ese momento ostentou a Medalla corporativa nº 33.

José Antonio García Caridad converteuse en presidente da RAGJYL o día 6 de febreiro de 1990 cargo que veu ocupando ata o día de onte , data do seu falecemento.

RIP