A OMIX de Ribadavia busca persoas para un voluntariado en Italia

A Associazione Agrado APS busca persoas voluntarias para o proxecto aprobado do Programa “Corpo Europeo de Solidaridade”. O nome do proxecto é “BRIGHT YOUR FUTURE” e desenvolverase en Catania (Sicilia), Italia, no Consorzio Il Nodo, en actividades con mozos italianos e migrantes (menores), nun proxecto de 12 meses. O inicio do proxecto será en Decembro de 2020.

Os interesados ou as persoas que queiran obter máis información deberán envíar o seu currículum e carta de motivación até o día 18 de Novembro ó enderezo electrónico: omixribadavia@gmail.com

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende a Omix Ribadavia están en constante actividade relacionada co voluntariado e promovendo entre a xuventude este tipo de experiencias.