Francelos sufriu onte unha avaría no suministro eléctrico

O concello de Ribadavia informaba a partir das 19:30 horas dunha avaría nunha fase do alumeado público de Francelos. Os servizos municipais comezaron a traballar no mesmo momento para repoñer o subministro o antes posible. A administración local pediu desculpas polas molestias que puidera ocasionar a situación.

Pola súa parte, dende o PSOE critican que unha vez máis os veciños da zona teñan problemas co servizo. Aseguran que este ano levan incontables cortes de luz ou avarías e que a situación co subministro cébase con eles. Piden ó concello de Ribadavia que de unha solución a esta problemática, que afirman que mantén ós veciños discriminados.

AVANTAR ACTIVIDADES