Onte, o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, trasladouse ata Santiago de Compostela para reunirse co vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.
Neste encontro falaron da colaboración entre administracións para un proxecto que ten a finalidade de potenciar o turismo, o deporte e a natureza do entorno de Pena Corneira.
Neste sentido, o concello xa traballa na apertura dunha nova ruta de sendeirismo nesta zona. Todos estes traballos están encamiñados a potenciar unha das mostras turísticas máis importantes do municipio.