Con motivo do vindeiro 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, dende o Concello de Piñor presentamos o proxecto PIÑOR+IGUALDADE, financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade e o Ministerio da Presidencia, relacións coas cortes e igualdade. Consiste no CERTAME DE CONTOS INFANTIL “A IGUALDADE NON É NINGÚN CONTO”, no que poderán participar nenos e nenas do Concello de Piñor de entre 9 a 17 anos. Para elo, deberase presentar unha obra en formato dixital ou en papel, cumprindo cos requisitos establecidos nas bases que rexen o concurso:
-BASES-
- Poderán concurrir ó Concurso de Contos, todol@s nen@s e xóvenes empadroad@s no Concello de Piñor, con obras orixinais e inéditas que non fosen premiadas, nin publicadas con anterioridade. O/A Autor/a responderá da autoría da mesma, así como de non ser copia nin modificación de obra allea.
- Categorías:
- INFANTIL : de 9 a 13 anos.
- XUVENIL: de 14 a 17 anos.
- Poderán presentar unha obra por participante, preferentemente en galego, podendo ir acompañada de ilustracións. A temática do conto debe contemplar algunha das seguintes:
- As desigualdades existentes entre
mulleres e homes nos distintos
ámbitos: social, laboral, familiar, etc) - Aportacións de mulleres relevantes da
historia galega, en sectores
como a ciencia, a literatura, pintura, a economía… - Corresponsabilidade e reparto de tarefas como
principios que
fomentan a autonomía persoal, a igualdade…. - A linguaxe no sexista.
- A tolerancia cero á Violencia de Xénero.
- O emprego da imaxe feminina nos medios de
comunicación e nas
campañas publicitarias - A relación de respecto e igualdade entre nenas e menos
- A participación activa da muller na vida
política, social, cultural
e económica, cos mesmos dereitos que os homes.
- Os contos presentaranse en formato folio a4, a dobre cara, ben en formato dixital ou a man. Deberá ter un título na portada e un pequeno resumo na contraportada. Pode levar ilustracións en branco e negro e/ou a toda cor. O conto terá unha extensión máxima de 12 páxinas e mínima de 5.
- O prazo de presentación será ata o 23 de novembro de 2020, inclusive.
Para presentación en formato dixital no mail: info@serviturcea.es
En formato papel; na casa do Concello nun sobre pechado, e no interior os datos do/da participante: nome e apelidos, idade, dirección postal el teléfono.
- O/A autor/a, cederá os dereitos da publicación ó Concello de Piñor, se resulta premiado/a.
- XURADO:
Estará
composto por un representante Político do Concello, un representante de
Servizos Sociais, e unha Técnica responsable da implementación da acción;
elixirase un deles de cada modalidade, tendo en conta: Orixinalidade,
capacidade da historia
para sensibilizar sobre os principios da igualdade, calidade das
ilustracións, plantexamento da temática dentro do conto, dominio da
linguaxe e corrección ortográfica.
- Agasallos: Os dous contos que obteñan maior puntuación de cada modalidade, obterán como agasallo unha Tablet de última xeración con teclado e rato, que permita a teleformación no rural; ambas obras serán publicadas e impresas cunha tirada, que se fará chegar a cada familia con menores do Concello, e tamén en formato electrónico na web municipal para a súa difusión, (incluirá un apartado de pautas xerais de coeducación para as familias, e outro de estereotipos de xénero desmitificados).
Así mesmo, farase un evento virtual cunha presentación das obras gañadoras, no que @s autores por medio dun directo contarán como idearon o conto, o porqué da temática elexida así como as ilustracións aportadas, e a mensaxe que queren transmitir co mesmo. Abrirase tamén entre tódolos participantes un debate e rolda
de preguntas. O acto remátará co lectura dos Contos. Tendo en conta a situación de alerta sanitaria por mor do COVID19, o traballo e o compromiso na loita contra a violencia de xénero debe continuar, aínda que mudando na metodoloxía das actuacións, adaptándonos con elo ás medidas para frear a pandemia que estamos a padecer. PIÑOR+IGUALDADE 2020 é un proxecto co cal o Concello de Piñor pretende chegar á infancia e familias do municipio, sen para elo forzar o contacto social presencial, levándolle nós a mensaxe a cada casa, a cada fogar