Os casos mantéñense estables no Carballiño, que repite os 41 de onte

O Concello do Carballiño mantén estable o número de casos nesta xornada, con 41 persoas contaxiadas, igual ca onte. Esto quere dicir que neste caso, as altas non superan os contaxios. Aínda que non é un descenso, o feito de que non aumenten os datos é esperanzador. A comarca mantén os datos totais, con 74 persoas.

O resto de concellos da comarca presentan unha situación bastante estable. Boborás sobe un caso, pasando dos 9 de onte ós 10 de hoxe. Pola contra, Piñor baixa un caso, dos 6 de onte ós 5 de hoxe. Os demais concellos manteñen o mesmo número: Beariz conta con 3 casos, O Irixo conta con 3 casos, Maside conta con 2 casos, Punxín conta con 2 casos, San Amaro conta cun caso e San Cristovo de Cea conta con 7 casos.

AVANTAR ACTIVIDADES