Suspensión do período de cobranza voluntaria da taxa por ocupación da vía pública con postos, barracas … no Carballiño

Hoxe publicase no BOP a ” Suspensión do período de cobranza voluntaria da taxa por ocupación da vía pública con postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo situados en terreos de uso público “

Por mor dos últimos decretos da Xunta de Galicia, onde se regulan novas medidas de restricións de mobilidade e de suspensión de actividades non esenciais, faise necesario que se paralice o período do procedemento recadatorio e, consecuentemente, o período de cobro en voluntaria da taxa pola ocupación da vía pública con postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo situados en terreos de uso público local, así como industrias da rúa e ambulantes e de rodaxe cinematográfica.

AVANTAR ACTIVIDADES

E considerando que o alcalde é competente para ditar esta resolución, segundo o disposto no artigo 61.1 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración de Galicia, así como no artigo 41 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que e aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, de acordo con todo o indicado, resolvo:

Primeiro. A anulación do apartado “primeiro” do Decreto da Alcaldía 2020-0813 do 31/07/2020 no referente ao período de cobro voluntaria da taxa pola ocupación da vía pública con postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo situados en terreos de uso público local, así como industrias da rúa e ambulantes e de rodaxe cinematográfica. Quedando en vigor os apartados “segundo e terceiro” do citado decreto

Segundo. Suspender o período de cobro en voluntaria para o 2020 da taxa por ocupación da vía pública con postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo situados en terreos de uso público local, así como industrias da rúa e ambulantes e de rodaxe cinematográfica, ata nova orde. Terceiro. Publíquese no BOP de Ourense, nun diario de maior difusión da provincia e no portal de transparencia deste concello. Cuarto. Comuníqueselle esta resolución á Concellería de Servizos Públicos, á Área Económica e á empresa colaboradora coa Recadación, Catoure, SL