A Xunta informa a AJE da nova liña de prestamos para autónomos e empresarios

09,00 h.- O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reunirase por videoconferencia co presidente de AJE Galicia, Luciano Covelo. Na sala de xuntas da Vicepresidencia Segunda. foto xoán crespo 13/11/2020
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta mañá un encontro coa directiva de AJE Galicia no que lle trasladou a nova liña de préstamos dirixida a autónomos e empresarios con máis dificultades para acceder a liquidez e que foi aprobada onte no Consello da Xunta.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Tal e como explicou, destinaranse 10M€ a préstamos directos de entre 3000 e 500.000 euros por negocio para facer fronte ás súas necesidades como pago de salarios, alugueiros ou impostos. Diríxense a autónomos, microempresas e pemes con problemas de acceso ao crédito privado que se dedican a ocupacións como a economía social, ocio nocturno e hostalería, industria cultural e de lecer, orquestras ou feirantes. Os beneficiarios terán ata sete anos, incluíndo tres de carencia, para amortizar os créditos, con xuros baixos e próximos ao 0%.

09,00 h.- O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reunirase por videoconferencia co presidente de AJE Galicia, Luciano Covelo. Na sala de xuntas da Vicepresidencia Segunda. foto xoán crespo 13/11/2020

Os beneficiarios terán ata sete anos, incluídos tres de carencia, para amortizar os créditos, con xuros baixos e próximos ao 0%. Esta medida complementa o resto de programas de axudas ao financiamento ao tecido empresarial postos en marcha desde o comezo da pandemia pola Xunta e que inclúen a liña de préstamos avalados e a de microcréditos.

Na reunión tamén se abordou o potencial da futura Lei de reactivación de Galicia para atraer proxectos cara a Comunidade que contribúan á creación de riqueza e emprego, facilitando ao mesmo tempo o labor de autónomos e empresarios ao avanzar na simplificación administrativa. Unha lei que busca tres obxectivos: a axilización administrativa, con puntos de atención ao investidor; a ampliación a máis supostos da posibilidade de declaración responsable ou comunicación previa; e a xeralización do silencio administrativo para a implantación de iniciativas, salvo disposición legal que especifique a necesidade de emitir unha resolución expresa, entre outros aspectos.

Finalmente, Conde lembrou que Galicia segue traballando na identificación de proxectos que poidan acceder aos fondos europeos de recuperación e insistiu na importancia de contar con todos os axentes económicos e sociais, como neste caso AJE, para avanzar nesta dirección e atopar novas oportunidades para crear riqueza e emprego en Galicia a través da economía circular, a dixitalización, as iniciativas vinculadas á transición enerxética ou a modernización dos servizos públicos.