Novo mirador, accesos e sinalización da Pena dos Namorados

Xa se pode visitar o novo mirador da Pena dos Namorados, situado no alto deste emprazamento de interese arqueolóxico e paisaxístico no entorno do Parque Etnográfico do Arenteiro, fronte á antiga fábrica de papel da Lavandeira e a carón das pallozas do camping municipal.

Un sendeiro, unha pasarela e unha escaleira de madeira conducen ao cumio deste lugar caracterizado por estar coroado por unha gran rocha, que diu pé a diversas lendas, e que se atopa nunha zona de interese arqueolóxico e na que houbo unha torre na Idade Media, según considera o arqueólogo Joge Lamas, responsable da área de arqueoloxía do Centro de Estudios Chamoso Lamas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Asimesmo, rehabilitouse o mirador-área de descanso que xa existía, melloráronse os accesos con sendeiros e colocáronse sinais informativas.

Este proxecto, que contou co financiamento de Turismo da Xunta de Galicia, incrementará o interese desta zona turística do Carballiño, que se revalorizará tras a reforma para a reapertura do Muíño das Lousas, que ten previsto levar a cabo a empresa hostaleira O Barazal, adxudicataria do concurso para a súa explotación.

Tamén se levarán a cabo diversas melloras no camping municipal e concluir o edificio da recepción da fábrica de papel da Lavandeira.