As instrucións da Xunta para corrixir o “decreto do aprobado xeral” manterán os criterios de calidade do sistema educativo galego

11,00 h.- O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitará o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI, rúa Lamas de Abade, s/n). foto xoán crespo 17/11/2020

Román Rodríguez visitou esta mañá o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), que é o corazón da rede de formación do profesorado

A Consellería de Educación ten xa listo o documento, que ten como obxectivo manter os estándares de calidade do noso ensino, avalados por PISA

AVANTAR ACTIVIDADES

Apóstase polo apoio e o reforzo de competencias, tal e como recollen as Instrucións do 30 de xullo, e non por rebaixar o nivel como pretende o Ministerio

A Xunta ten xa listas as instrucións para o desenvolvemento do chamado decreto do aprobado xeral –imposto de xeito unilateral polo Goberno central– que, tal e como explicou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, ten como obxectivo manter os estándares de calidade do sistema educativo galegos, avalados por informes como o PISA.

Nunha visita ao Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), o corazón da rede de formación do profesorado, o titular do departamento educativo do Goberno galego lembrou que o decreto do Goberno central abre a porta a rebaixar o nivel de esixencia do sistema educativo, baseándose na situación excepcional vivida a finais do curso pasado. Neste sentido o conselleiro incidiu en que “non podemos permitir que a pandemia marque o ritmo do sistema educativo”.

Cultura do esforzo

Román Rodríguez fixo fincapé en que o éxito do alumnado galego en informes como o PISA son froito, precisamente, do traballo da comunidade educativa e da cultura do esforzo que se lle vén inculcando aos alumnos e que prevalece na última década no ensino galego.

Neste sentido destacou, ademais, que a formación do profesorado que se deseña no CAFI e nos Centros de Formación e Recursos (CFR) é imprescindible para que os centros educativos galegos sexan hoxe referentes de calidade.

“O curso que estamos a vivir esixe o mellor de cada un dos axentes implicados no sistema educativo para dar normalidade ás aulas, dentro dun contexto totalmente excepcional”, dixo, recordando que a primeira prioridade da Xunta é a seguridade sanitaria nos centros de ensino neste contexto de pandemia.

En calquera caso, insistiu en que o fin último é a mellora dos resultados do alumnado galego. “Con esta resolución que imos publicar buscamos manter os estándares de calidade que caracterizan o noso sistema educativo”, declarou.

Apoio e reforzo

As instrucións de desenvolvemento do decreto do aprobado xeral manteñen os criterios de avaliación, promoción e titulación previstos para este curso 2020/2021. En concreto, nelas indícase que a Consellería de Educación aplicará os criterios de avaliación, promoción e titulación actualmente vixentes na normativa propia de Galicia e establecidas nas instrucións aprobadas o 30 de xullo para este curso, tanto para as ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, como para as de réxime especial.

Polo tanto, Galicia non adoptará a posibilidade aberta polo Goberno central de revisar á baixa os criterios de avaliación, promoción e titulación, é dicir, promocionar de etapa con independencia das materias aprobadas.

Estas instrucións céntranse na recuperación das competencias que non se puideron adquirir o curso pasado, así como no reforzo a través de iniciativas como os programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento; ao tempo que se manteñen os criterios de avaliación e promoción.

Titulación

Canto aos criterios de titulación, o Goberno central opta por facilitar a titulación en ESO e en Bacharelato sempre que se adquiran os obxectivos xerais da etapa e se observe evolución do alumno, é dicir, con independencia do número de suspensos.

As Instrucións galegas van un paso máis aló, de tal forma que, con carácter xeral, en ESO titulará o alumnado que ao terminar teña avaliación positiva en todas as materias e acade os obxectivos da etapa e adquirido as competencias correspondentes. Tamén poderán titular, se así o considera o equipo docente, os que despois de realizar as probas extraordinarias teñan dúas materias pendentes, sempre que non sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas.

En Bacharelato obterá o título o alumnado con avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos