O Círculo de Poetas entregou os premios do IX Concurso de Poesía

O liceo de Ourense acolleu na mañá do sábado, día 14 de novembro, a entrega de premios da novena edición do Concurso de Poesía convocado para escolares polo Círculo Poético Ourensán.

Dende a organización deron as grazas a todos os participantes, nun acto no que so puideron asistir 30 espectadores a causa das restricións.

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente explicou as dificultades que pasaron este ano para poder celebralo, tendo que cambiar as datas.

O lema que reinaba nas creacións deste ano era “Quéroche…” e participaron en total 78 pezas dos alumnos dos institutos IES Blanco Amor, Cardenal Cisneros, Josefinas, As Lagoas e Santo Ángel. Nesta edición tamén se fixo entrega dos libros “A miña poesía di…”, que recopilan os trinta poemas finalistas da edición pasada, por parte de estudantes de primaria e os vinte poemas dos alumnos de secundaria.

Dende os máis pequenos ata os maiores amosaron neste acto a súa paixón pola poesía e as súas ansias por escribir e por amosar as súas creacións. Algúns deles xa son veteranos neste concurso e xa gardan varios premios.