>> Coorganizada xunto ao Clúster da Comunicación de Galicia, esta actividade celebrarase o venres 20 de novembro e poderá seguirse de xeito online e gratuíto
Analizar
os cambios que a pandemia está provocando no xeito de comunicar e abordar os retos
da comunicación corporativa en tempos de crise. Estes serán os obxectivos
principais do Foro da Comunicación de Galicia que Expourense, coa colaboración
do Clúster da Comunicación de Galicia, organiza para este venres 20 de novembro
pola mañá. Trátase dunha actividade que se poderá seguir en liña a través da
plataforma dixital Zoom, aínda que Expourense ofrece tamén a posibilidade de seguilo
a través do equipamiento audiovisual das súas instalacións. A inscrición, de
carácter gratuíto, pode realizarse a través de www.expourense.org.
A
denominada “nova normalidade” trae consigo cambios nas estratexias informativas
de empresas e institucións que tiveron que adaptar os seus plans de marketing e
de comunicación á situación actual. Este Foro inclúe dúas clases maxistrais nas
que dous recoñecidos relatores explicarán polo miúdo e dende a súa experiencia
como profesionais, cómo a pandemia ten influído no seu traballo diario. O
presidente do Clúster da Comunicación de Galicia e da Asociación Galega de
Marketing – Markea, Xosé Luis Reza, explicará cómo adaptar un Plan de Marketing
ao contexto COVID-19. Pola súa parte a directora da Marketing e Comunicación
Dixital da Consultora Torres y Carrera, Laura Vázquez, abordará a evolución da
comunicación corporativa dende o comezo da crise ata o momento actual.
PUBLICIDADE ELECTORAL
Este
Foro da Comunicación inclúe ademais unha mesa redonda que aborda conceptos como
a “infodemia” (termo que alude ao exceso de información sobre a pandemia) e
cómo esta ten afectado ás relacións informativas entre institucións, empresas,
gabinetes e medios de comunicación. Contará coa participación de Myriam Sierra e
Carlos Bermello, responsables do Servizo de Comunicación da Área Sanitaria do
Complexo
Hospitalario de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, que contarán cómo
viviron os momentos máis duros da pandemia e cál foi a súa relación cos medios
de comunicación. Representanto ás empresas e aos xestores de medios, participa tamén
nesta mesa o director de Desenvolvemento Estratéxico en Avante Evolumedia, Álvaro
Brandau, que falará sobre cómo as empresas tiveron que cambiar as súas campañas
para poder empatizar con clientes e usuarios. O último dos relatores desta mesa
de debate será o representante da demarcación de Ourense do Colexio de
Xornalistas de Galicia, Javier Fraiz, quen abordará os cambios que a pandemia
conlevou para este sector a nivel laboral, pero tamén persoal.
Esta
conta co apoio da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e da
Deputación Provincial de Ourense. O Foro virtual e especial deste venres
centrado na comunicación en tempos de incertidume está adaptado ás circunstancias
restrictivas actuais. Está previsto que o vindeiro mes de febreiro se celebre
unha nova edición do Foro da Comunicación de Galicia, xa de carácter presencial,
e que tería lugar na mesma xornada que a Gala de entrega dos Premios Paraugas do
Marketing e da Comunicación de Galicia.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.Estou de acordoAviso legal e Privacidade