O Delegado territorial da Xunta en Ourense visita a praza de Progo no concello de Riós

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá a praza de Progo no concello de Riós onde se ten previsto desenvolver unha actuación integral de acondicionamento, na que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en colaboración co consistorio, vai investir case que 77.000 euros.

O alcalde, Francisco Armando Veiga, explicoulle ao delegado territorial, de xeito detallado, as actuacións que se van levar a cabo en breve na Praza de Progo, e transmitiulle  a importancia da mesma para o recreo e desfrute da veciñanza deste lugar de Riós e a súa contorna.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Gabriel Alén sinalou este tipo de actuacións é  a de mellorar os equipamentos e dotacións dos pobos e vilas do rural, aumentando a variedade e elevando os niveis de servizos có fin de proporcionar unha oferta de calidade e axeitada ás necesidades da poboación, e así poder incrementar o atractivo das vilas e dos núcleos rurais da nosa comunidade autónoma.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través dos plans hURBE trata de dar resposta á necesidade de humanización das vilas e de incrementar o atractivo dos núcleos rurais como factor determinante do equilibrio territorial. O conxunto de vilas dispersas pola nosa xeografía, articulan e centralizan a vida económica, social e cultural do territorio que se atopa baixo a súa área de influencia. Constitúen verdadeiros motores de dinamización social e económica ao converterse en puntos de localización dun importante número de servizos públicos e privados que permiten achegar o modelo urbano a todo o territorio.

O PLAN hURBE 2019-2020 continúa na senda iniciada polo PLANS hURBE 2010-2013 e 2014-2017 tratando de articular unha estratexia de posta en valor das vilas, tanto as grandes como as pequenas, e dos núcleos rurais, que permita crear as condicións propicias para o seu desenvolvemento sostible.