Valoración do BNG no Concello de Ourense da reanudación das Xuntas de Área

Desde o Grupo Municipal do BNG amósanse satisfeitos ante a reanudación das Xuntas de Área, o que permite  á oposición, fiscalizar a acción de goberno

Desde o BNG no Concello de Ourense amósanse satisfeitos pola reanudación das xuntas de área, tal e como viñan solicitando os nacionalistas desde hai varios meses. Trátase dun instrumento máis ao servizo da oposición e da veciñanza para poder exercer, a tan necesaria función fiscalizadora da acción de goberno.

AVANTAR ACTIVIDADES

Non obstante, desde o Grupo Municipal do BNG queren por de manifesto que a composición do actual goberno, coa acumulación de moitas concellerías en apenas 3 persoas, fai inoperativas e pouco produtivas as propias xuntanzas ao ser moitas as cuestións a tratar e escaso o tempo do que se dispón.

Por elo, desde o BNG, e concretamente o concelleiro Luis Seara, propuxo modificar a composición dalgunhas das xuntas de área a fin de facelas máis operativas. Así, por exemplo, decidiuse dividir a que engloba urbanismo, infrestructuras, medio ambiente e cultura en dúas.

No referido aos contidos das diferentes xuntas, os concelleiros do BNG Luis Seara e Rhut Reza, queren destacar algunhas das múltiples cuestións tratadas. Así, por exemplo, constatouse que a día e hoxe, e en contra do manifestado no seu día mesmo en varias sesións plenarias, o concello aínda non lle remitiu á Xunta de Galiza toda a documentación requerida e referida ao PXOM, o cal ademáis e por instruccións da propia administración autonómica, terá que ser sometido a unha nova aprobación provisional en pleno ou en Xunta de Goberno Local pois as modificación realizadas afectan ao conxunto do proxecto.

O BNG interesouse tamén polos avances na tramitación do saneamento en Velle, obra de vital importancia para o conxunto da cidade e a cal precisa unha rápida tramitación para non perder os 2,9 millóns de euros precisos para a súa execución.

Os nacionalistas tamén se interesaron, por enésina vez, polo estado no que se atopan varios convenios desta volta co ADIF, e concretament, ao que ten que ver coa obra prevista en Tarascón e Ramón Puga. A este respeito, o goberno local comunicou que logo de detectarse erros na redacción do propio convenio por parte do administrador ferroviario, están a espera da subsanación e remisión do convenio corrixido.

Desde o Grupo Municipal do BNG tamén se preguntou sobre a situación na que se atopa a tramitación da contratación de técnicos para o auditorio municipal, o motivo polo cal non se están a cubrir as prazas de conserxes nos centros educativos pese a existir unha listaxe de agarda e mesmo ser solicitado en varias ocasións polos propios técnicos municipais ou mesmo pola necesidade de dispor urxentemente de traballadores e traballadoras sociais pois o tempo de agarda para ser atendido por este persoal, elévase aos 3 meses para unha primeira consulta, algo absolutamente incomprensibel para o BNG, máxime na crise social e económica na que nos atopamos.

En materia de Termalismo, os nacionalistas interesáronse polo traballo feito por parte do concello á hora de solicitarlle á Xunta de Galiza información e autorización para a reapertura da piscina termal das Burgas, información pendente ademáis desde o pasado mes de xullo.

En política social, a concelleira Rhut Reza interesouse pola listaxe de agarda no Servizo de Axuda no Fogar así como pola resolución recentemente coñecida sobre os beneficiarios das axudas ao comedor. A este respeito, salientar que para o BNG é imcomprensíbel que se resolvan a mediados de novembro, co curso xa iniciado e o peor aínda, que a listaxe de excluidos sexa maior que a de beneficiarios polo que é preciso unha reformulación das bases das propias axudas.

En relación co programa VIOXEN e en base a denuncia que se fai por parte da Policía Local sobre a negativa da subdelegación do goberno a que os axentes do corpo local poidan ir de paisano cando acompañen e asistan as vítimas, a concelleira Rhut Reza pediulle ao concelleiro delegado que sigan insistindo e cheguen ata onde sexa necesario a fin de que ao igual que sucede cos axentes da Policía Nacional e da Polícía Autonómica, os axentes da Local adscritos ao programa non teñan a obrigatoriedade de vestir de uniforme no desenvolvemento da súa actividade de vixilancia e protección.

En relación co anterior, desde o BNG solicitouse a convocatoria da mesa local de igualdade e mesmo que o concello promova a convocatoria da comisión de igualdade para tratar, entre outras, esa cuestión.

Moitas foron as cuestións tratadas e sobre todo, moitas as plantexadas polos nacionalistas, por desgraza, e segundo denuncian desde o BNG, poucas foron as respostas, confiando eso sí, en que a situación mude en próximas convocatorias.