Nota de prensa do Bng de Castrelo de Miño

O grupo do BNG en Castrelo de Miño

Dende o Bloque Nacionalista Galego de Castrelo de Miño esixímos unha
pronta resposta do Concello en relación ao recurso de revisión do pleno de
organización do ilexítimo goberno que temos.


Quedan escasos días para cumprirse un mes dende a data de presentación do
recurso. Se non se cesan das funcións do goberno aos concelleiros tránsfugas,
verémonos a obriga de acudir ao xulgado por responsabilidades penais do
rexedor.

AVANTAR ACTIVIDADES


Recordamos que a sentenza do tribunal supremo do 26 de outubro é clara,
clarifica unha mala interpretación que se viña facendo da lei antitransfuguismo
e crea doutrina para casos semellantes. Por exemplo, o último cese do
vicepresidente segundo da deputación de Ourense, por ser un concelleiro
declarado tránsfuga polo seu partido e estar no grupo de non adscritos.