Nota do BNG: “O cese do tránsfuga na Deputación debe extenderse aos tránsfugas dos concellos de Viana do bolo e de Castrelo de Miño”

O voceiro do grupo provincial do BNG demanda que o se aplique a sentenza antitransfuguismo nos concello de Viana do Bolo e Castrelo de Miño para voltar á legalidade democrática.

AUDIO ( Premer na Imaxe )

AVANTAR ACTIVIDADES

O cese das responsabilidades de goberno do deputado Miguel Caride tras o informe da Secretaría Xeral da Deputacion provincial  e apos a sentenza do Tribunal Supremo, ven a ratificar a ilegalidade que representa que un tránsfuga mellore a súa condición económica e estatus político traizoando aos seus votantes. 

  Tal como recolle o informe da SecretarÍa Xeral o deputado Caride tiña un status  que se víu incrementado en canto aos seus dereitos políticos, tras producirse a actuacion que supuxo a ruptura co seu partido político de procedencia, o que á vista da recente xurisprudencia  do Tribunal Supremo, supón unha vulneración sobrevida do artigo 73.3 3º da LRBRL nas resolucións que o nomearon vicepresidente segundo, membro da xunta de goberno e outros cargos como deputado delegado.

 Ante estes feitos,declara o voceiro do grupo nacionalista na deputación de Ourense, “instamos ao deputado Miguel  Caride a que presente a súa dimisión como membro da corporación provincial ao serlle atribuida a condición de tránsfuga e recibir vantaxes persoais a cambio da súa fidelidade ó Sr. Baltar, xusto o contrario do compromiso que adquirira cos seus votantes no período electoral.” 

 Para o grupo provincial nacionalista, á vista do presente informe  e da sentenza do  Tribunal Supremo que ven a sentar xurisprudencia a respeco das funcións dos tránsfugas nas istitucións, fica clara a ilegalidade institucional que se está a vivir nos Concellos de Castrelo de Miño e Viana do Bolo. Ilegalidades que deben ser correxidas co cese inmediato dos Ex-Concelleiros socialistas que ostentan a condición de tránsfugas neses gobernos municipais.

 “Manter na alcaldía e na tenencia da alcaldía de Viana do Bolo a dous tránsfugas é un feito ilegal, na medida en que viron melloradas as súas condición políticas e económicas só tras actuacións que supuxeron a ruptura coa liña oficial do seu partido de procedencia. O mesmo ocorre cos dous tránsfugas que sustentan o goberno municipal de Castrelo de Miño, e que deben ser cesados á vista da sentenza do Tribunal Supremo.” Manifesta Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG.

 “Para BNG o PP é complice  e será corresponsábel do feito ilegal de manter  estes tránfugas no poder e das melloras económicas que obtiveron á conta de fondos públicos. Xa non estamos a falar da falta de ética, estamos a falar da ilegalidade dos feitos que aconteceron para derrocar ós gobernos lexítimos de Viana e Castrelo de Miño.” Declara Varela, e continua afirmando que “desde o grupo provincial do BNG  instamos a que estes tránsfugas presenten a súa demisión como concelleiros por traizoar a vontade da veciñanza que quixo que en Viana do Bolo e en Castrelo de Miño gobernase a esqueda liderada por alcaldes do  BNG.”