Maside comezou hoxe cos actos contra a violencia machista

O Concello de Maside comezarou a semana estreando un novo sistema de alumeado led na fachada do edificio consistorial que permite que o edificio do concello adquira unha cor morada para conmemorar o 25N. Hoxe organizáronse unhas funcións “Entre Mulleres Anda o Xogo”, para nenos e nenas de Educación Infantil e Educación Primaria do CPI Terras de Maside onde se traballarán os valores da Igualdade e a Non Violencia contra as Mulleres. O Concello de Maside ven de por en marcha unha campaña de promoción da Igualdade e Contra a Violencia de Xénero: Maside Libre de Violencias Machistas en colaboración cos distintos negocios, comercios, do municipio. Elaborouse un logo que pretende ser a imaxe de Maside na loita contra a Violencia Machista. Este logo foi impreso en pegatinas que se entregarán ó longo dos vindeiros días a tódolos negocios do municipio para que estes a luzan nos escaparates. Así tamén se elaboraron bolsas co mesmo logotipo.

Outra das actuacións emprendidas foi a edición dun video promocional coa colaboración das mulleres do municipio, onde as protagonistas son veciñas do concello.

AVANTAR ACTIVIDADES