O concello de Boborás porá en marcha un campamento de Nadal

O concello de Boborás informa de que se abre o prazo de inscrición para o campamento de Nadal que terá lugar no municipio. Está destinado a nenos e nenas entre os 3 e os 12 anos. A data límite para a inscrición será o martes 15 de decembro.

Debido a situación do COVID-19, terán prioridade nas prazas, todos os nenos/as cuxos proxenitores traballen ambos, (situación acreditada coa presentación dos contratos de traballo)

AVANTAR ACTIVIDADES

A recollida e entrega das inscricions e contratos, será nas oficinas do Concello, en horario de 8 a 15.00 h.