Este xoves, o concello celebra un pleno ordinario presencial

A corporación municipal celebrará este xoves, 26 de novembro, sesión plenaria ordinaria, que está convocada para as 09,00 h., e se desenvolverá de xeito presencial.

Entre os temas que figuran na orde do día están a modificación por suspensión para 2021 da Ordenanza nº 9 reguladora da Taxa por ocupación da vía pública con postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo situados en terreos de uso público local, así como industrias da rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica e varios convenios urbanísticos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tamén se debaterán tres mocións: dúas de Espazo Común, unha para que o concello inste ao Sergas a repoñer o servizo de COF (Centro de Orientación Familiar) e outra para que o concello contrate obras e merque no Carballiño. E unha do BNG sobre o 25N (Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres).