O Bng presenta unha bateria de alegacións ás ordenanzas fiscais do concello do Carballiño

Publicidade ASPADISI

As alegacións presentadas polo BNG pretenden mitigar a situación de crise económica e social que as ordenanzas fiscais presentadas polo goberno non teñen en conta.

O BNG ven de presentar unha batería de alegacións ás ordenanzas fiscais do concello do Carballiño  co que reducir  a carga impositiva  ás familias e aos negocio do municipio.  “O ano 2021 vai ser un ano difícil e a reducción de taxas municipais suporía un alivio para a veciñanza máis afectada polos efectos da crise” manifesta a voceira municipal do BNG Sofía García.

HIPER MASIDE

A fronte nacionalista considera que a proposta que presentou o goberno municipal do partido socialista e que aprobou en outubro é insuficiente e que non responde á situación de crise económica e social xerada pola pandemia da Covid 19 no concello do Carballiño.

 Entre as alegacións que presenta o BNG ás ordenanzas fiscais para o 2021, para mitigar na medida do posible os efectos desta crise sobre familias e negocios, destacan,  en primeiro lugar a retirada da subida do  10% do IBI, que foi a proposta  que fixo o equipo de goberno. Para a voceira do BNG do Carballiño “é gravísimo que o concello do Carballiño, en plena crise, suba un 10% o IBI”

García, ante as medidas fiscais do goberno tamén valora que “non parece lóxico que se o IPC é positivo se suba e que se é o IPC é negativo que se conxelen as Taxas. Que foi a proposta que fixo o equipo de goberno. Conxelación das taxas porque o IPC é negativo” ante esta situación desde o BNG, manifesta a vociera nacionalista: “tamén demandamos que se aplique o IPC interanual negativo do -0,6 a todas cotas e tarifas municipais.”

 “Outra razón pola que se evidencia que estas medidas fiscais non teñen en conta a realidade social e económica na que vive o noso concello”, afirma a concelleira nacionalista, “é a falta de consideración cara a actividade económica que se desenvolve en moitos negocios que agora están pechados, que teñen mesmo que suspender a súa actividade con carácter xeral, coa suspensión das das feiras, no caso dos polbeiros. E parécenos ilóxico que teñan que pagar as taxas por uns servizos que desde o concello non se lles están presatando”. Por esta razón o BNG tamén solicitou nas súas alegacións a suspensión das taxas reguladoras das terrazas, dos postos de venda ambulante e do lixo dos locais de hostelería e restauración.  “É preciso que as medidas fiscais do concello se amolden á nova situación”.

 Ademáis destas medidas, o Bloque voltou presentar unha alegación á ordenanza número 30, reguladora do prezo público polo servizo de conciliación da vida familiar e laboral.  Esta é unha ordananza que se retirou o ano pasado, para adaptala á nova realidade de horarios e servizos. E este ano non foi presentada na proposta que fixo o equipo de goberno. Gacía afirma que “consideramos que é máis preciso que nunca que esta ordenanza se adapte aos novos horarios.”