Un total de 28 comercios únese á campaña “Black Week” para fomentar as compras

O Centro Comercial Aberto do Carballiño puxo en marcha esta semana unha iniciativa para dar un pulo ó comercio local. Trátase de adaptar o xa coñecido a nivel mundial como Black Friday, un día de descontos e ofertas que as tendas aproveitan de cara ás datas de Nadal. Neste caso é a Black Week, á que se adheriron 28 locais asociados. Entre as vantaxes desta iniciativa está que todas as cousas que se merquen poderán devolverse ata xaneiro, téndoo en conta para comezar a pensar nos regalos de Nadal. Outra das vantaxes é que nas vendas online que se realicen, cada comercio terá o envío gratuíto das 10 primeiras para toda a península.