O Mushing Terra de Boborás xa acondiciona os circuitos

O Campeonato de España de Mushing Terra xa está aquí un ano máis e ten como centro de operacións Boborás. A organización do evento xa comezou cos traballos de limpeza e acondicionamento do circuíto. Este ano a cita será o domingo día 6 de decembro e será puntuable tamén para a Liga Galega. O ano pasado reuniu a máis de 300 participantes de toda España en catro modalidades: patín, carro, bikejoring e canicross.