Ribeiro en Común pide melloras para o GES Ribadavia

  • Ribeiro en Común levará ao Pleno do xoves a aprobación de melloras laborais no GES RIBADAVIA- Servizo de Emerxencia, tras ter coñecemento das peticións que os seus traballadores están facendo de maneira unitaria.
  • O GES é un dos servizos máis importantes do Concello, máis se cabe nesta época de Crise pandémica que nos tocou sufrir.

O noso grupo tivo constancia dunha xuntanza de traballadores do GES de Ribadavia celebrada recentemente. O obxectivo dos traballadores é reclamar do Concello unha batería de medidas para mellorar parámetros contractuais e do convenio colectivo polo que se rexen.

Ribeiro en Común fixo un traballo na lexislatura pasada de reivindicar as condicións de traballo do servizo de emerxencias de Ribadavia, Mocións que o noso grupo logrou aprobar no Pleno Municipal e que sen embargo nin antes nin agora se traduciron en melloras significativas.

AVANTAR ACTIVIDADES

A situación actual de COVID pon de relevo a importancia do noso GES- Emerxencias Ribadavia, e que a inmensa maioría da poboación sempre soubo recoñecer como un dos servizos máis importantes que temos no Concello polas enormes funcións e labores en favor da comunidade que realiza o GES de Ribadavia.

Algúns políticos semella que só lles interesa para facer propaganda en redes, adxudicándose o traballo deste servizo municipal, que é totalmente independente no seu funcionamento de calquera directriz (por outra parte inexistente) dos gobernos municipais.

Ribeiro en Común pretende con esta Moción que desde o Concello de Ribadavia se reforce convenientemente este servizo de emerxencias, por ser un dos servizos públicos esenciais e básicos dos que dispomos, polo que a obriga do Concello é coidalo e garantir que os profesionais poidan realizar o seu traballo da forma máis axeitada, en beneficio da súa seguridade como traballadores, e da propia seguridade da cidadanía de Ribadavia e do Ribeiro.

Por todo o anterior, facemos a seguinte PROPOSTA PARA A SÚA APROBACIÓN:

1. Que o Concello de Ribadavia aprobe melloras salariais e de recoñecemento profesional para todo o GES: recoñecemento de nocturnidade, perigosidade, e outros complementos desta profesión, recoñecemento de funcións profesionais, mellora material profesional e de seguridade, e estabilidade contractual de acordo á lei.

Hai que ter en conta que os nosos GES teñen unhas condicións moito menos favorables que as que existen noutros Concellos similares a Ribadavia.

2. Que o Concello de Ribadavia opte pola vía do diálogo para estabilizar, regularizar e legalizar os contratos laborais que a xustiza lles está recoñecendo a moitos traballadores do GES.

3. Convocatoria urxente de Mesa de diálogo entre traballadores GES, e representantes, co Concello para concretar estas melloras e plasmalas nun Convenio.

4. Que o Concello de Ribadavia se comece a tomar en serio a creación dunha nova BASE Operativa do GES DE RIBADAVIA, que substitúa a precaria sede actual. Así mesmo, unha lugar para gardar o material e vehículos de rescate e traballo do GES, tal e como están conseguindo outros Concellos de Galicia.

5. Que o Concello de Ribadavia inicie tramites para a contratación de dúas novas prazas no GES, tal e como están conseguindo outros Concellos de Galicia, co obxectivo de realizar as quendas de emerxencias da mellor maneira posible.