O concello reforza a sinalización no entorno da Praza Maior

Os operarios do concello do Carballiño reforzaban onte a sinalización horizontal no entorno da Praza Maior do municipio. Estas pintadas delimitan a zona dedicada ó aparcamento de taxis, que ata o de agora estaban sendo utilizadas para o aparcamento indebido. O aparcamento no centro da vila segue a ser unha das problemáticas cas que ten lidiar a Policía Local, sobre todo neste punto do municipio. Esta non é a primeira medida neste sentido para liberar de tráfico o núcleo urbano. Nos últimos anos reforzouse a creación de prazas de aparcamento na periferia. Dende a Policía Local aseguran que esta situación é un problema de concienciación cidadá, xa que a estrutura urbanística da vila é máis de cidade ca de aldea.