Beariz álzase coma o foco que máis preocupa na comarca, con 34 casos activos

O Concello do Carballiño baixa dous casos, para contar hoxe cun total de 10. Isto amosa que a situación está estabilizada en canto a contaxios novos e altas, cunha cifra que se remonta a inicios do mes de setembro. A comarca sobe os casos totais, con 55 persoas.

O foco preocupante está en Beariz, que na xornada de hoxe ascende ós 34 casos, cinco máis ca onte. A maioría de estes casos proveñen da Residencia San Antonio. Trátase do foco que reúne a maioría dos casos da comarca. O resto de concellos mantéñense estables. Boborás conta a día de hoxe con dous positivos; Maside ten un total de catro contaxiados; O Irixo ten un caso; Piñor mantén tres casos activos e San Cristovo de Cea mantén un caso. Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.

AVANTAR ACTIVIDADES